Buscamos nas nosas casa, cos nosos pais e nais, información sobre os grilos e aprendemos que nacen de ovos, os lugares nos que viven, qué comen, qué partes ten o seu corpo, cómo diferenciar a un grilo dunha grila ... agora estamos feitos uns expertos neste tema !
Ademáis trouxemos á clase moitas cousas interesantes relacionadas cos grilos, como cancións contos, xoguetes ou debuxos.
Aquí tedes a Faia, que fixo cos seus papás un libro precioso sobre os grilos e ademáis trouxo un grilo de xoguete, un conto e un CD cunha canción chamada "O grilo e a rá" que nos gustou moito e que aprendimos a cantar.
Martina trouxo un CD que tiña unha canción moi divertida dun grilo coa que bailamos un ratiño.