viernes, 19 de octubre de 2012

SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS SOBRE OS GRILOS

Aproveitamos a inesperada visita do grilo Pepito para aprender un pouquiño máis sobre estes insectos.

Buscamos nas nosas casa, cos nosos pais e nais, información sobre os grilos e aprendemos que nacen de ovos, os lugares nos que viven, qué comen, qué partes ten o seu corpo, cómo diferenciar a un grilo dunha grila ... agora estamos feitos uns expertos neste tema !               







Ademáis trouxemos á clase moitas cousas interesantes relacionadas cos grilos, como cancións contos, xoguetes ou debuxos.

Aquí tedes a Faia, que fixo cos seus papás un libro precioso sobre os grilos e ademáis trouxo un grilo de xoguete, un conto e un CD cunha canción chamada "O grilo e a rá" que nos gustou moito e que aprendimos a cantar.






 


 Martina trouxo un CD que tiña unha canción moi divertida dun grilo coa que bailamos un ratiño.



ANIVERSARIO DE SARELA

Sarela cumpriu 3 anos e trouxo uns doces para festexalo na clase.





Ademáis trouxonos un chupa a cada un.


Moitas felicidades compañeira!


domingo, 7 de octubre de 2012

UN NOVO COMPAÑEIRO

O pasado venres tivemos unha visita sorpresa ... un pequeno grilo que veu a facernos unha visita ! 

 

Estivemelo observando e fáltalle unha patiña...












Decidimos adoptalo uns días para aprender máis cousas sobre estes insectos, e xa que se vai quedar con nós unha temporadiña, púxemoslle nome entre todos.

Chámase Pepito, como o grilo do conto de Pinocho. Qué vos parece?