Mostrando entradas con la etiqueta Educación Artística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Artística. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de mayo de 2013

Hoxe imos contar un conto....

Hoxe imos contar un conto, un conto moi especial, non sabemos de que trata máis pronto se saberá.....

Aquí vos deixamos unha sorpresiña. Esperamos que vos guste.


jueves, 16 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas

Hoxe no cole celebramos o día das Letras Galegas, que este ano esta adicado a Roberto Vidal Bolaño, realizando varias actividades.
Fomos a pizarra máxica, onde xogamos cun EdiLim (se premedes AQUÍ podedes velo) sobre a biografía e obra deste autor.


Unha das imaxes máis características de Roberto Vidal Bolaño e esta, na que aparece cun sombreiro e unha nariz de paiaso.
Nos, decidimos caracterizarnos coma el e quedamos así de ben:
 

Tamén apadriñamos unha palabra en galego, a cal escribimos na nosa casa coa axuda das nosas familias nunha folla e as pegamos nun mural.
Letras galegas on PhotoPeach

sábado, 6 de abril de 2013

Outra xoia de Hervé Tullet

Aquí vos deixamos outro conto de Hervé Tullet. Neste caso, trátase dun libro interactivo que aos peques de Franza (e a profe Sonia) encantounos. Ademáis tivemos un contacontos de excepción....




Aquí vos deixamos un vídeo (en inglés) para que podades botarlle unha ollada a este conto tan especial:



viernes, 5 de abril de 2013

Cociñando debuxos

Hoxe traballamos con esta preciosidade de libro:


É do xenial Hervé Tullet que, por se non coñecedes, invitámosvos a visitar a súa páxina web  (http://www.herve-tullet.com/)

Trátase dunha forma moi orixinal de debuxar, seguindo os mesmos pasos que se se tratase dunha receta de cociña e empregando como ingredientes círculos, huellas dactilares, círculos, líneas, ....O máis interesante e que todos os nenos e nenas o poden facer, non só os que son mellores debuxantes. Ademáis, traballamos a grafomotricidade dunha forma diferente, e sobre todo a atención, xa que temos que estar moi atentos aos pasos que debemos ir seguindo para que nos salga ben o noso "prato".
Aquí vos dexiamos a nosa primeira receta: Delicias de garabatos.
Esperamos que vos guste
BO PR0VEITO!








miércoles, 20 de marzo de 2013

Horizontais e verticais

Hoxe realizamos uns debuxos empregando trazos horizontais, verticais e un círculo. As "pezas" que nos quedaron dentro do círculo as fomos pintando de diferentes cores e este foi o resultado:


jueves, 31 de enero de 2013

Día da paz

Como ben sabedes, o día30 de xaneiro conmemórase o día da paz e da non violencia. Para festexalo, fixemos un mural coas pombas de Picasso.


Ademáis, igual que o curso anterior, fixemos unha carreira solidaria para colaborar coa ONG Save the Children, e os peques non nos quedamos cortos que demos un montón de voltas á pista. Aquó podedes ver algunhas imaxes, extraídas do blogue da nosa biblioteca (www.acasadepulpi.blogspot.com)


 

biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.

viernes, 25 de enero de 2013

Nomes de inverno

Como xa estamos no inverno, fixemos estes simpáticos bonecos de neve:


Esta tarefa requeriu de moítisima concentración, xa que tivemos que ir buscando as letras do noso nome e ir colocándoas en vertical, e iso non é nada doado.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS !!

Hoxe fixemos un mural con pintura de dedos. Pasámolo xenial manchándonos as mans ! Aquí vos deixamos algunhas fotos.