Mostrando entradas con la etiqueta Inuit. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inuit. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de febrero de 2013

lunes, 21 de enero de 2013

Outro conto de Inuit

Aquí vos deixamos outro precioso conto sobre os Inuit. Estamos seguros de que vos gustará tanto como a nós.


Os mil brancos dos esquimós

Gustounos motísimo este conto de Isabel Minhós Martíns e Madalena Matoso, pubicado pola editorial OQO. Grazas a él, aprendimos que hai moitos tipos distintos de branco: branco xeo, branco oso polar, ... Invitámosvos a coñecelo.



domingo, 20 de enero de 2013

Pantalla máxica

Hoxe fomos a pantalla máxica e estivemos facendo un xogo do polo norte.  Se pinchades aquí podedes visitar o enderezo web.




lunes, 14 de enero de 2013

Saúdamonos como os Inuit

Os Inuit frotánse o nariz para saudarse, así que nos incorporamos esta rutina ás outras que xa facíamos durante a asamblea.

Como dirían os Inuit: Hahinag ¡









domingo, 13 de enero de 2013

Xa somos uns expertos nos Inuit...

Estes días aprendemos un montón de cousas sobre os Inuit. Trouxemos moita información das nosas casas e fixemos un mural . 

Resulta que, antigamente, os Inuit durante o inverno vivían nunhas casas que contruían con bloques de xeo e que se chaman Iglús, así que coa axuda de Alberto, construímos o noso propio Iglú e o decoramos con neve. 







Ademáis estamos coñecendo algúns animais que viven no Polo Norte e xa non somos equipo verde e azul, agora somos o equipo das focas e o equipo dos osos polares.

martes, 8 de enero de 2013

SORPRESA !

A volta das vacacións recibimos unha grata sorpresa... o noso amigo Pepito enviounos unha carta! Como ben sabedes, Pepito é un grilo que tivemos na clase una mes... e polo visto voltouse un grilo viaxeiro! Coa carta recibimos unha fotografía na que aparecía cun can e cun home que levaba unha vestimenta un tanto estrana. Na carta contounos que nese lugar facía moitísimo frío e que a xente que vivía alí se chamaban Inuit. A nos sonábanos todo rarísimo! Así que decicimos investugar un pouco, coa axuda das nosas familias, para aprender ago máis sobre o lugar no que se atopa Pepito. Xa vos iremos contando!