domingo, 13 de enero de 2013

Xa somos uns expertos nos Inuit...

Estes días aprendemos un montón de cousas sobre os Inuit. Trouxemos moita información das nosas casas e fixemos un mural . 

Resulta que, antigamente, os Inuit durante o inverno vivían nunhas casas que contruían con bloques de xeo e que se chaman Iglús, así que coa axuda de Alberto, construímos o noso propio Iglú e o decoramos con neve. 







Ademáis estamos coñecendo algúns animais que viven no Polo Norte e xa non somos equipo verde e azul, agora somos o equipo das focas e o equipo dos osos polares.

1 comentario: