viernes, 24 de mayo de 2013

Reciclando con Caillou

Ás veces esquécesenos onde temos que tirar cada cousa cando rematamos de merendar...Así que aquí deixo este xogo para lembrarnos de en que color ten que ir cada cousiña. Se premedes sobre a imaxe accederedes ao xogo.

La peluca de Luca. Un cuento para valientes.

Navegando pola rede, atopei este conto que me gustaría compartir coas familias dos peques de Franza. Porque sempre hai algún motivo para mercar un libro aos nen@s ou para levalos á biblioteca, penso que este pode gustar tanto a grandes como a pequen@s.

Ademáis é uns deses libros para reflexionar, sobre os estereotipos sexistas neste caso.
Aquí vos deixo un vídeo moi simpático no que uns rapaciños cóntannos un pouquiño de que trata e fan unhas reflexións moi interesantes sobre este tema.


lunes, 20 de mayo de 2013

Hoxe imos contar un conto....

Hoxe imos contar un conto, un conto moi especial, non sabemos de que trata máis pronto se saberá.....

Aquí vos deixamos unha sorpresiña. Esperamos que vos guste.


jueves, 16 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas

Hoxe no cole celebramos o día das Letras Galegas, que este ano esta adicado a Roberto Vidal Bolaño, realizando varias actividades.
Fomos a pizarra máxica, onde xogamos cun EdiLim (se premedes AQUÍ podedes velo) sobre a biografía e obra deste autor.


Unha das imaxes máis características de Roberto Vidal Bolaño e esta, na que aparece cun sombreiro e unha nariz de paiaso.
Nos, decidimos caracterizarnos coma el e quedamos así de ben:
 

Tamén apadriñamos unha palabra en galego, a cal escribimos na nosa casa coa axuda das nosas familias nunha folla e as pegamos nun mural.
Letras galegas on PhotoPeach

miércoles, 15 de mayo de 2013

De excursión

Fai uns días, fixemos unha saída moi divertida. Primeiro fomos ao parque de educación vial de Barallobre, onde vimos un pequeno vídeo sobre algunhas normas e sinais, fixemos unhas fichas e logo conducimos uns vehículos moi chulis por un circuito, fixándonos nos semáforos e nos sinais que aprendemos co vídeo. Despoios, marchamos para o museo do humor de Fene. Alí, vímonos nuns espellos moi divertidos; nuns parecíamos xigantes e noutro ananiños. Tamén visitamos unha sala do humor negro onde había unha luz que facía que todas as cousas brancas que levábamos brilasen moitísimo.
A verdade é que o pasamos xenial e nos portamos estupendamente e dende aquí queremos darlles as grazas a tódolos monitores, tanto do parque de educación vial como do museo do humor, por tratarnos tan ben.  
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta excursión.