Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas

Hoxe no cole celebramos o día das Letras Galegas, que este ano esta adicado a Roberto Vidal Bolaño, realizando varias actividades.
Fomos a pizarra máxica, onde xogamos cun EdiLim (se premedes AQUÍ podedes velo) sobre a biografía e obra deste autor.


Unha das imaxes máis características de Roberto Vidal Bolaño e esta, na que aparece cun sombreiro e unha nariz de paiaso.
Nos, decidimos caracterizarnos coma el e quedamos así de ben:
 

Tamén apadriñamos unha palabra en galego, a cal escribimos na nosa casa coa axuda das nosas familias nunha folla e as pegamos nun mural.
Letras galegas on PhotoPeach

sábado, 16 de marzo de 2013

Semana da prensa

Con motivo da semana da prensa, traballamos un pouquiño co xornal na aula. Estivemos mirando as dieferentes cousas que podemos mirar no xornal; novas, deportes, a carteleira do cine, o tempo,...

Despois, os nenos e nenas de 3 anos buscaron as lestras do seu nome no xornal. Foi una tarefa moi dificil pero fixémola moi ben !




 E os nenos de 4 anos, compuxemos a palabra "periódico" con letras que buscamos e recortamos no xornal e logo debuxamos unha noticia.


Mírade que ben lle quedou a Antía !


sábado, 9 de marzo de 2013

Día da muller

                                       


Como sabedes, o día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. Na nosa clase traballamos  "A princesa Sabela" que conta a historia dunha nena que non quere seguir sendo princesa porque non lle permiten facer nada por ela mesma; nin soar o nariz, nin escoller a roupa e o peinado que quere poñer, nin subir as árbores, nin xogar cos porcos no cortello.

http://www.librariacartabon.com/imagenProducto.php?id=9788499142128&tipo=caratula



E na biblioteca do cole, vimos este outro conto que se chama "O meniño Nito" que fala sobre se os homes poden chorar ou non.



Esperamos que vos gusten e dende aquí queremos felicitar a todas as mulleres.

jueves, 31 de enero de 2013

Día da paz

Como ben sabedes, o día30 de xaneiro conmemórase o día da paz e da non violencia. Para festexalo, fixemos un mural coas pombas de Picasso.


Ademáis, igual que o curso anterior, fixemos unha carreira solidaria para colaborar coa ONG Save the Children, e os peques non nos quedamos cortos que demos un montón de voltas á pista. Aquó podedes ver algunhas imaxes, extraídas do blogue da nosa biblioteca (www.acasadepulpi.blogspot.com)


 

biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.

domingo, 25 de noviembre de 2012

SAMAÍN






Fai uns días, celebramos no cole a festa do Samaín....







A profe Sofía púxonos así de guapos para a ocasión


E fixemos estes simpáticos morcegos....



Deixamosvos as cancións que traballamos na clase e esperamos que vos gusten!






lunes, 17 de septiembre de 2012

Comezamos un novo curso !

As vacacacións de verán chegaron ao seu fin, pero comezamos un novo curso cargados de ilusións e con novas incorporacións ao cole...aínda que todavía estamos en proceso de adaptación. Dende o cole de Franza, desexámosvos un feliz curso 2012-2013 !