Como sabedes, o día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. Na nosa clase traballamos "A princesa Sabela" que conta a historia dunha nena que non quere seguir sendo princesa porque non lle permiten facer nada por ela mesma; nin soar o nariz, nin escoller a roupa e o peinado que quere poñer, nin subir as árbores, nin xogar cos porcos no cortello.
E na biblioteca do cole, vimos este outro conto que se chama "O meniño Nito" que fala sobre se os homes poden chorar ou non.
Esperamos que vos gusten e dende aquí queremos felicitar a todas as mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario