jueves, 21 de marzo de 2013

Unha musaraña na clase

Hoxe atopamos unha musaraña na clase e ,coa axuda de Alberto, conseguimos collela con moito coidadiño para non facerlle dano. Pasou connosco toda a mañá, e así puidemos observala con atención. Tiña un rabiño moi longo, e unha cara moi simpática. Puxémoslle un pouquiño de pan e una anaco de mazá para que comera e non probou bocado, claro que depois averiguamos que se alimentan de insectos. Antes de marcharnos para casa ao mediodía, liberámola no xardín do cole e a verdade é que nos deu moita pena despedirnos dela. Esperamos voler a vela pronto!
Aquí vos deixamos algunhas fotos:







E aquí podedes ver os traballos que fixemos aproveitando esta inesperada visita:


miércoles, 20 de marzo de 2013

Horizontais e verticais

Hoxe realizamos uns debuxos empregando trazos horizontais, verticais e un círculo. As "pezas" que nos quedaron dentro do círculo as fomos pintando de diferentes cores e este foi o resultado:


Portada do 2º trimestre

Xa estamos acabando o trimestre, así que fixemos as portadas para levar os nosos traballos a casa.



Como está comezando a primavera, as decoramos cunhas flores que están feitas con papeles dos que se usan para envolver as magdalenas, con paliños de madeira de cores e con follas de papel charol. Esperamos que vos gusten.

sábado, 16 de marzo de 2013

Semana da prensa

Con motivo da semana da prensa, traballamos un pouquiño co xornal na aula. Estivemos mirando as dieferentes cousas que podemos mirar no xornal; novas, deportes, a carteleira do cine, o tempo,...

Despois, os nenos e nenas de 3 anos buscaron as lestras do seu nome no xornal. Foi una tarefa moi dificil pero fixémola moi ben !




 E os nenos de 4 anos, compuxemos a palabra "periódico" con letras que buscamos e recortamos no xornal e logo debuxamos unha noticia.


Mírade que ben lle quedou a Antía !


miércoles, 13 de marzo de 2013

sábado, 9 de marzo de 2013

Día da muller

                                       


Como sabedes, o día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. Na nosa clase traballamos  "A princesa Sabela" que conta a historia dunha nena que non quere seguir sendo princesa porque non lle permiten facer nada por ela mesma; nin soar o nariz, nin escoller a roupa e o peinado que quere poñer, nin subir as árbores, nin xogar cos porcos no cortello.

http://www.librariacartabon.com/imagenProducto.php?id=9788499142128&tipo=caratula



E na biblioteca do cole, vimos este outro conto que se chama "O meniño Nito" que fala sobre se os homes poden chorar ou non.



Esperamos que vos gusten e dende aquí queremos felicitar a todas as mulleres.

A princesa O

Xa coñecemos a outro membro da familia real de Letrilandia: a princesa O



Parécese un pouquiño a súa mamá, a raíña A, e lle gusta moito xogar co seu ooooooso e coas ooooondas do mar. Ademáis, ten a barriga redondiña de comer tantos doces !

Aquí vos deixamos a súa canción:


lunes, 4 de marzo de 2013

Aquí podedes ver as plantas aromáticas que temos na horta do cole:

PLANTAS AROMÁTICAS on PhotoPeach

viernes, 1 de marzo de 2013

Noticias de Pepito, o grilo viaxeiro

Hoxe, mentres estabamos na asamblea, apareceu Alberto cunha carta que o carteiro deixou no cole para a nosa clase... Era de Pepito, que despois de pasar uns días no Polo Norte cos Inuit, decidiu continuar a súa viaxe. Resulta que visitou un xardín botánico, e quedou tan abraiado da cantidade de plantas que alí había, que quixo compartilo con nós. Mirade que guapo está!


Ademáis, coa carta, recibimos un agasallo...unhas sementes máxicas!

Como estamos feitos uns investigadores, decidimos que imos traballar nun proxecto sobre as plantas para aprender moitas cousas interesante sobre elas e sobre todo para aprender a coidar das nosas sementes, que descubrimos que eran lentellas, garabanzos e fabas.

Cando comezamos un proxecto, unhas das fases máis importantes e interesantes é a exposicións das nosas ideas previas sobre a temática que imos traballar. Aquí podedes ver os nosos coñecementos previos sobre as plantas:


 
E claro, plantamos as sementes non vasiño cun pouquiño de algodón e auga... A ver que pasa !