jueves, 28 de febrero de 2013

Atopando ó Rei U e á raíña A

Os nenos e nenas de 3 anos, tivemos que buscar ó Rei U e a Raíña A entre un montón de letras. A verdade é que o fixemos moi ben !





martes, 26 de febrero de 2013

Os reis de Letrilandia

Esta semana recibimos a visita do Rei U e da raíña A. Veñen dun lonxano país chamado Letrilandia, onde cada letra ten un son diferente.

Aquí tedes ao Rei U. Gústanlle moitísimo as "uuuuvas" e, aínda que é moi bo, ás veces enfádase e entón dí UUUUUUU. Cando o dí moi baxiño, parece unha pantasma ! E ademáis ten dous traxes, o de maiúscula e o de minúscula. 




E esta é a súa canción:


E esta é a raíña A, que leva o brazo levantado para colgar a súa cesta de "aaaaaaaamapolas" e "aaaaazucenas". 

E tamén ten  a súa canción!






Ademáis, descubrimos que a raíña A e o rei U aparecen en case todos os nosos nomes!

lunes, 25 de febrero de 2013

MAXIA !

Hoxe na clase traballamos este conto, que trata o tema da lactancia materna.



Gustounos moitísmo !

No CEIP Felipe de Castro de Noia, fixeron unha versión moi chula desta conto para o certame "Nós tamén creamos ". Se premedes aquí accederedes ao enlace por se queredes botarlle unha ollada, a verdade é que paga a pena velo.

 

viernes, 22 de febrero de 2013

Os campesiños de Franza

Como parece que empeza a facer un pouquiño de mellor tempo, fomos á horta do cole a facer un xardín de plantas aromáticas. Xa temos lavanda, tomiño, romeu, perexil, orégano, loureiro, fiunchos e incienso. Moitas grazas á profe Carmen, que nos trouxo as plantas, e a Alberto por axudarnos.
Aquí vos deixamos as imaxes:





domingo, 17 de febrero de 2013

Aniversario de Toni

 Toni xa ten 4 anos e celebrouno con nós convidándonos a unha tarta de chocolate riquísima.








MOITÍSIMAS FELICIDADES TONI !