jueves, 18 de abril de 2013

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA....

Fai uns días, a mamá de Carla de 4ºde primaria, veu a cole e contounos aos nenos de infantil este conto tan chuli




A verdade é que foi todo un acerto este conto,  xa que temos na clase ovos de vermiños de seda que xa vos ensinaremos!

Se premedes AQUÍ, poderedes xogar cun EDILIM sobre este conto.

sábado, 6 de abril de 2013

Outra xoia de Hervé Tullet

Aquí vos deixamos outro conto de Hervé Tullet. Neste caso, trátase dun libro interactivo que aos peques de Franza (e a profe Sonia) encantounos. Ademáis tivemos un contacontos de excepción....




Aquí vos deixamos un vídeo (en inglés) para que podades botarlle unha ollada a este conto tan especial:



viernes, 5 de abril de 2013

Cociñando debuxos

Hoxe traballamos con esta preciosidade de libro:


É do xenial Hervé Tullet que, por se non coñecedes, invitámosvos a visitar a súa páxina web  (http://www.herve-tullet.com/)

Trátase dunha forma moi orixinal de debuxar, seguindo os mesmos pasos que se se tratase dunha receta de cociña e empregando como ingredientes círculos, huellas dactilares, círculos, líneas, ....O máis interesante e que todos os nenos e nenas o poden facer, non só os que son mellores debuxantes. Ademáis, traballamos a grafomotricidade dunha forma diferente, e sobre todo a atención, xa que temos que estar moi atentos aos pasos que debemos ir seguindo para que nos salga ben o noso "prato".
Aquí vos dexiamos a nosa primeira receta: Delicias de garabatos.
Esperamos que vos guste
BO PR0VEITO!








jueves, 4 de abril de 2013

Decoración de primavera

Chegou a primavera!! aínda que non se deixou ver moito o sol polo momento... Pero como xa temos ganas do seu colorido, cambiamos un pouco a decoración da entrada á nosa aula, a ver se así se anima a saír o Sol.
 


Antes de irnos de vacacións, fixeramos un mural colaborativo da primavera. Entre todos decidimos previamente qué cousas propias desta estación deberían aparecer: flores, bolboretas, árbores, insectos, un sol, ...Despois, tivemos que poñernos de acordo entre todos para decidir que debuxaría cada un e por último puxémonos mans á obra, colaborando entre todos. Este foi o resultado e por suposto xa forma parte da nosa decoración primaveral.


martes, 2 de abril de 2013

FROITAS DIVERTIDAS

Nuns días comezaremos co plan de fomento do consumo de froitas nas escolas polo que vos deixo algunhas ideas de presentacións divertidas de froita para aqueles nenos e nenas que son pouco amigos de estes alimentos tan sáns... Xa sabedes que para probar un novo alimento tennos que entrar primeiro polos ollos.






Espero que vos gusten e que vos sexan de utilidade.