Fai uns días, fixemos unha saída moi divertida. Primeiro fomos ao parque de educación vial de Barallobre, onde vimos un pequeno vídeo sobre algunhas normas e sinais, fixemos unhas fichas e logo conducimos uns vehículos moi chulis por un circuito, fixándonos nos semáforos e nos sinais que aprendemos co vídeo. Despoios, marchamos para o museo do humor de Fene. Alí, vímonos nuns espellos moi divertidos; nuns parecíamos xigantes e noutro ananiños. Tamén visitamos unha sala do humor negro onde había unha luz que facía que todas as cousas brancas que levábamos brilasen moitísimo.
A verdade é que o pasamos xenial e nos portamos estupendamente e dende aquí queremos darlles as grazas a tódolos monitores, tanto do parque de educación vial como do museo do humor, por tratarnos tan ben.
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta excursión.