Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de mayo de 2013

La peluca de Luca. Un cuento para valientes.

Navegando pola rede, atopei este conto que me gustaría compartir coas familias dos peques de Franza. Porque sempre hai algún motivo para mercar un libro aos nen@s ou para levalos á biblioteca, penso que este pode gustar tanto a grandes como a pequen@s.

Ademáis é uns deses libros para reflexionar, sobre os estereotipos sexistas neste caso.
Aquí vos deixo un vídeo moi simpático no que uns rapaciños cóntannos un pouquiño de que trata e fan unhas reflexións moi interesantes sobre este tema.


sábado, 9 de marzo de 2013

Día da muller

                                       


Como sabedes, o día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. Na nosa clase traballamos  "A princesa Sabela" que conta a historia dunha nena que non quere seguir sendo princesa porque non lle permiten facer nada por ela mesma; nin soar o nariz, nin escoller a roupa e o peinado que quere poñer, nin subir as árbores, nin xogar cos porcos no cortello.

http://www.librariacartabon.com/imagenProducto.php?id=9788499142128&tipo=caratula



E na biblioteca do cole, vimos este outro conto que se chama "O meniño Nito" que fala sobre se os homes poden chorar ou non.



Esperamos que vos gusten e dende aquí queremos felicitar a todas as mulleres.