martes, 26 de febrero de 2013

Os reis de Letrilandia

Esta semana recibimos a visita do Rei U e da raíña A. Veñen dun lonxano país chamado Letrilandia, onde cada letra ten un son diferente.

Aquí tedes ao Rei U. Gústanlle moitísimo as "uuuuvas" e, aínda que é moi bo, ás veces enfádase e entón dí UUUUUUU. Cando o dí moi baxiño, parece unha pantasma ! E ademáis ten dous traxes, o de maiúscula e o de minúscula. 




E esta é a súa canción:


E esta é a raíña A, que leva o brazo levantado para colgar a súa cesta de "aaaaaaaamapolas" e "aaaaazucenas". 

E tamén ten  a súa canción!






Ademáis, descubrimos que a raíña A e o rei U aparecen en case todos os nosos nomes!

lunes, 25 de febrero de 2013

MAXIA !

Hoxe na clase traballamos este conto, que trata o tema da lactancia materna.



Gustounos moitísmo !

No CEIP Felipe de Castro de Noia, fixeron unha versión moi chula desta conto para o certame "Nós tamén creamos ". Se premedes aquí accederedes ao enlace por se queredes botarlle unha ollada, a verdade é que paga a pena velo.