lunes, 25 de febrero de 2013

MAXIA !

Hoxe na clase traballamos este conto, que trata o tema da lactancia materna.



Gustounos moitísmo !

No CEIP Felipe de Castro de Noia, fixeron unha versión moi chula desta conto para o certame "Nós tamén creamos ". Se premedes aquí accederedes ao enlace por se queredes botarlle unha ollada, a verdade é que paga a pena velo.

 

viernes, 22 de febrero de 2013

Os campesiños de Franza

Como parece que empeza a facer un pouquiño de mellor tempo, fomos á horta do cole a facer un xardín de plantas aromáticas. Xa temos lavanda, tomiño, romeu, perexil, orégano, loureiro, fiunchos e incienso. Moitas grazas á profe Carmen, que nos trouxo as plantas, e a Alberto por axudarnos.
Aquí vos deixamos as imaxes: