jueves, 4 de abril de 2013

Decoración de primavera

Chegou a primavera!! aínda que non se deixou ver moito o sol polo momento... Pero como xa temos ganas do seu colorido, cambiamos un pouco a decoración da entrada á nosa aula, a ver se así se anima a saír o Sol.
 


Antes de irnos de vacacións, fixeramos un mural colaborativo da primavera. Entre todos decidimos previamente qué cousas propias desta estación deberían aparecer: flores, bolboretas, árbores, insectos, un sol, ...Despois, tivemos que poñernos de acordo entre todos para decidir que debuxaría cada un e por último puxémonos mans á obra, colaborando entre todos. Este foi o resultado e por suposto xa forma parte da nosa decoración primaveral.


martes, 2 de abril de 2013

FROITAS DIVERTIDAS

Nuns días comezaremos co plan de fomento do consumo de froitas nas escolas polo que vos deixo algunhas ideas de presentacións divertidas de froita para aqueles nenos e nenas que son pouco amigos de estes alimentos tan sáns... Xa sabedes que para probar un novo alimento tennos que entrar primeiro polos ollos.






Espero que vos gusten e que vos sexan de utilidade.