domingo, 13 de enero de 2013

Xa somos uns expertos nos Inuit...

Estes días aprendemos un montón de cousas sobre os Inuit. Trouxemos moita información das nosas casas e fixemos un mural . 

Resulta que, antigamente, os Inuit durante o inverno vivían nunhas casas que contruían con bloques de xeo e que se chaman Iglús, así que coa axuda de Alberto, construímos o noso propio Iglú e o decoramos con neve. 







Ademáis estamos coñecendo algúns animais que viven no Polo Norte e xa non somos equipo verde e azul, agora somos o equipo das focas e o equipo dos osos polares.

martes, 8 de enero de 2013

SORPRESA !

A volta das vacacións recibimos unha grata sorpresa... o noso amigo Pepito enviounos unha carta! Como ben sabedes, Pepito é un grilo que tivemos na clase una mes... e polo visto voltouse un grilo viaxeiro! Coa carta recibimos unha fotografía na que aparecía cun can e cun home que levaba unha vestimenta un tanto estrana. Na carta contounos que nese lugar facía moitísimo frío e que a xente que vivía alí se chamaban Inuit. A nos sonábanos todo rarísimo! Así que decicimos investugar un pouco, coa axuda das nosas familias, para aprender ago máis sobre o lugar no que se atopa Pepito. Xa vos iremos contando!